Comprar Mundo de Cores

Mundo de cores véndese a 9€ (IVE incluido) e os beneficios destinarémolos a novas iniciativas enfocadas a seguir promovendo a aceptación das persoas con diferente cultura e o establecemento dunhas relacións positivas.

Por agora pódelo mercar en:

A Coruña: Libraria Suévia (rúa Vila de Negreira 32);
Lugo: Libraría Trama (Avda. da Coruña 21);
Compostela: Libraría Couceiro (Praza Cervantes);
Vigo: Libraría Versus (rúa Venezuela, 80);
Allariz: libraría Aira das Letras (rúa Emilia Pardo Bazán).

Ferrol: Central Librera (Rúa Dolores 2);

Pouco a pouco iremos ampliando os puntos de venda.

Se queres pódesnolo pedir directamente a Viraventos a través do formulario de contacto.

Forma de pago

Podes realizar a túa compra realizando unha transferencia ou ingreso en efectivo na nosa conta bancaria:

ES34 2080 5488 5630 0011 7585
Necesitaremos recibir o xustificante de ingreso para poder efectuar o envío do teu pedido, realiza unha foto ou escanea o xustificante da transferencia, e enviao ao noso email info@viraventos.org
Tes un prazo de 7 días laborais para ordenar a transferencia bancaria despois da realización do pedido. Non se contabiliza efectivo o pedido ata a confirmación do ingreso e a totalidade do importe na nosa conta, co que os prazos de entrega empezan a contar a partir desta data.

 

Envíos
Viraventos fará a entrega do conto Mundo de cores a través de empresas de mensaxería e transporte urxente. O prazo de entrega máximo é de 3 días laboráis, cómputo que se iniciará ao día seguinte da confirmación do pagamento.

Os gastos de envío son variables en función do teu pedido:

  • Ata 10 exemplares: 7€
  • Entre 11 e 25 exemplares: 14€
  • Entre 26 e 50 exemplares: 26 €

Se ao recibir o produto detectas calquera dano na embalaxe faino constar no albará de entrega da empresa de mensaxería.

Se aparentemente por fóra o paquete está ben pero ao abrilo detectas que o produto se deteriorou durante o transporte, tésnolo que facer saber antes de 24 horas dende a recepción do paquete.

 

Nome completo (requerido)

Enderezo de envío (requerido)

Teléfono (requerido)

E-mail (requerido)

Cantidade (requerido)

Mensaxe adicional