Mundo de cores

PRESENTACIÓN

A sociedade galega xa non é homoxénea, todos e todas convivimos con persoas de diferentes culturas, diferentes étnicas e diferentes relixións. Este pluralismo vinculouse durante anos ás persoas inmigrantes que chegaban á cidade, e na sociedadeYARA ENTROIDO común atopábase o pensamento xeneralizado de que son os/as que chegan quenes deben desfacerse das súas características culturais propias para adaptarse ás da sociedade que os recibe (“asimilacionismo cultural”).

Hoxe, debemos de entender que a inmigración é xa un fenómeno propio e non pode considerarse como un elemento temporal, os/as fillos/as das persoas inmigrantes xa non son inmigrantes, existe, polo tanto, unha nova xeración de galegos e galegas que manteñen aspectos culturais comúns e  outros diferenciados, que deberán de poder exercer con total liberdade.

Deste xeito, Viraventos pon en marcha o proxecto Mundo de cores que terá como fin último, que a poboación recoñeza, acepte e normalice o carácter pluricultural da sociedade galega, e valore a diversidade cultural como riqueza económica e social.

Mundo de cores pretende dirixir a educación intercultural aos máis pequenos/as, dirixida a conseguir non só a aceptación das persoas con diferente cultura senón o establecemento dunhas relacións positivas. As experiencias vividas nos primeiros anos da vida dun neno/a teñen unha poderosa influencia nos entendementos culturais e poden contribuír a un entendemento e apreciación da diversidade cultural de por vida.