Obradoiros

O concepto de obradoiro ten que ver con “aprender a facer algo”, desenvolver unha destreza, unha habilidade. Os obradoiros no marco da educación infantil, ademais de poder desenvolverse na clase cos docentes, tamén constitúen unha modalidade organizativa que facilita a participación de país, nais e todas aquelas persoas que voluntariamente se presten a colaborar no desenvolvemento do obradoiro, ou incluso como expertos/as ensinando a habilidade ou destreza que o obradoiro formula.

O obradoiro acostuma a organizarse para que o grupo –clase traballe conxuntamente, e procúrase que non dure máis dunha hora cada sesión, pois hai obradoiros que precisan de varias sesións.

Obradoiro de cociña senegalega

OBXECTIVOS

TAREFA

RECURSOS

Favorecer o traballo en equipo nas tarefas de cociña e comedor.

Adquirir habilidades para manipular útiles de cociña e comedor

Familiarizarse coa manipulación de alimentos e os hábitos de hixiene.

Fomentar a apreciación e o respecto polos alimentos da cultura propia e de outras culturas no marco dunha alimentación saudable.

Coa axuda das familias elaborarase un menú senegalego para o cal se aportarán os ingredientes necesarios.

Procurarase un menú dieteticamente equilibrado e saudable.

Pódese organizar o grupo en subgrupos, e cada un elaborará un prato: aperitivo, primeiro prato, segundo prato, e sobremesa.

Pesaranse os ingredientes e confeccionarase o menú.

Poñerase a mesa entre todos e degustaranse os menús preparados.

Menús aportados por las familias, ingredientes, útiles de cociña e comedor.

Obradoiro: cantando e bailando cancións populares

OBXECTIVOS

TAREFA

RECURSOS

– Participar activamente na interpretación de cancións, música e danza da cultura propia e de outras culturas.

-Explorar as capacidades sonoras do corpo, dos obxectos e de instrumentos musicais.

– Sentir a música como medio de manifestación de sentimentos.

• Adquirir e mellorar as habilidades psicomotrices grosas como equilibrio, coordinación, ritmo.

Recórrese aos avós e avoas galegos e senegaleses para que nos ensinen cancións,  melodías e danzas populares.

O obradoiro consistirá en cantar, tocar instrumentos e bailar as danzas que nos ensinen os nosos/as maiores ou expertos no tema que nos poidan guiar a tarefa.

Esta aprendizaxe pode aproveitarse para ser representada nunha das festas que celebre todo o colexio

Sistemas de gravación y reprodución audiovisual

Instrumentos musicais, letras de cancións, etc.

Obradoiro do Mbalax Muiñeiro

OBXECTIVOS

TAREFA

RECURSOS

Potenciar a capacidade creativa a través das linguaxes artísticas.

Achegamento ao folclore Senegalés e galego.

Achegarse á cultura Senegalesa e galega a través dos seus ritmos.

Achegarse ao coñecemento, emprego e valoración das TIC como ferramentas de busca de información, creación, expresión e comunicación.

Utilizar a linguaxe corporal como instrumento de comunicación, de expresión de ideas, sentimentos e de gozo.

Este obradoiro divídese en dúas partes: a elaboración dos instrumentos (Djembé e pandeireta), e a aprendizaxe de cancións e bailes tradicionais usando os instrumentos feitos. Usarase material de refugallo na medida do posible.

Para a elaboración do djembé, ou tambor típico do folclore africano, amosarase paso a paso segundo aparece neste enlace: Exemplo explicativo da realización, sendo o material preciso, unha maceta, una lata de conserva, un valón lixeiro desinchado.

Para a pandeireta Para elaborar a pandeireta, recortaremos un cartón en forma circular e xuntaremos chapas de botellas para imitar o son das ferreñas. Para imitar a pel do instrumento, precisamos varias pelotas desinchadas, cortarémolas e pegarémolas, e xa teremos lista a nosa pandeireta. Por último decorarémola ao noso gusto.

Mentres se realiza cada instrumento poden soar e mostrarse vídeos de Mbalax e muiñeiras cantadas con pandeireta, que se acabarán tocado e bailado unha vez que se elaboren os respectivos instrumentos.

É importante o uso das TIC por parte dos nenos/as para acceder a esta información.

Ordenador ou PDI para con acceso a internet para buscar información

Recursos que se empregan: A traer da casa: Maceta de plástico, lata de conservas baleiras (dun diámetro parecido ó da base da maceta), balón, e tapas de botellas; material para decorar: gomets, pegatinas, lazos, acrílico… Da escola: cinta adhesiva de embalaxe, tesoiras. cúter e abrelatas.

Obradoiro de moda senegalega

OBXECTIVOA

DESCRICIÓN

RECURSOS

-Progresar na adquisición de hábitos de orde, constancia e planificación no desenvolvemento de tarefas.

-Coñecer e respectar as diferenzas culturais.

-Mostrar unha actitude de aceptación e respecto polas diferenzas individuais: neste caso a través das vestimentas que se poden atopar noutras culturas e a propia.

Neste obradoiro ensinaremos aos nenos e nenas a facer con material reciclado dous tipos de vestimenteas:

-algunhas versións da vestimenta senegalesa tradicional, o Robu.

-algunhas versións da vestimenta galega tradicional.

Unha vez elaboradas as vestimentas poden probarse, e combinarse, facerse fotografías e expoñelas nun mural de moda senegalega, cos comentarios que os nenos/as consideren para facerlle chegar a os demais os valores da tradición e da convivencia entre culturas.

Bolsas,  para facer a base dos traxes; gomets e pegatinas para decorar as bolsas; tesoiras, pegamento, fotografías, cartolinas, cores, rotuladores, bolsas de lixo de cores, teas de diferentes cores e texturas, cinta americana, cámara fotográfica, ordenador ou PDI.