ONGD Viraventos

logo-900px

A ONGD VIRAVENTOS foi creada en Galicia no ano 2007, como unha organización independente, privada e sen ánimo de lucro. É un movemento de transformación social que loita por conseguir un novo modelo social baseado na interculturalidade e a xustiza social, a través do traballo directo co colectivo inmigrante, especialmente das “segundas xeracións”, e educando á poboación sobre a importancia da diversidade, do coñecemento, do respecto e do diálogo entre culturas como mecanismo para contribuír á igualdade e á cohesión social.

A nosa visión da educación global é unha educación formal, non formal e informal que permita crear unha masa social crítica que se pregunte porqué existen distintas regras do xogo entre países, porqué despois de décadas de cooperación internacional ao desenvolvemento non se conseguiu o obxectivo dun mundo máis xusto. Unha masa social crítica que analice as causas e as consecuencias do empobrecemento e como afecta a millóns de persoas en todo o mundo. Loitamos e traballamos polo acceso a unha educación global, integral e emancipadora que constrúa sociedades críticas e que apoie os procesos de igualdade global, loitando contra a exclusión e as estruturas de poder desiguais.

Proxecto creado por: www.viraventos.org