Recuncho artístico

Trátase dun recurcho onde os nenos/as se poñen en contacto coa arte e desenvolven a habilidades e gusto pola estética, están en contacto co uso do material plástico no marco da combinación de cores e texturas.

O traballo por recunchos é un traballo en pequeno grupo (entre 4-5 nenos/as) que, ademáis dos obxectivos da propia tarefa permite desenvolver a capacidade de traballar en equipo, e de coidado e orde do material común.

As tarefas que se formulan para o traballo nos recunchos sóen ocupar uns 20 minutos, que se poden completar ata unha hora cos tempos de preparación do material antes de comenzar, e poner en orde o material unha vez que se remate.

As aventuras de Diara

OBXECTIVOS

TAREFA

RECURSO

• Explicitar esteriotipos e prexuízos sobre outras culturas e tratar de superalos.

• Despertar interese polas diferentes culturas

• Aprender a usar a imaxe e o dibuxo para representar situacións.

A tarefe consiste na elaboración nun conto conxunto sobre aventuras de Diara.

Os nenos/as deben ilustrar (representar a través dun dibuxo) as aventuras de Diara. Ao pé de cada debuxo tamén se pode introducir un pequeno texto sobre o que sucede. Cada grupo que pase polo recuncho engadirá un capítulo de aventuras da nena. E cada aventura debe saír dun razoamento sobre por que lle pasan esas cousas, por que se mete neses líos, etc.

Unha vez que estean todos os capítulos compostos, o conto poderase contar e debatir nunha asamblea.

A tarefa trata de explicitar as representacións que os nenos/as teñen sobre o que implica ser Sene-galega e traballar sobre educación intercultural a partires de ditas percepcións.

Folios blancos, ceras de colores, lápices, gomas.

Máscaras amigas

OBXECTIVOS

TAREFA

RECURSOS

-Coñecer a máscara como elemento típico de diferentes culturas e afondar nos eventos culturais que implican o seu uso (entroidos, teatros, ritos, etc.).

-Amosar unha actitude de aceptación e respeto polas diferenzas individuais.

-Adquirir destrezas e habilidades manipulativas aplicándoas ao manexo de útiles e materiais presentes no seu entorno.

-Tomar conciencia das características persoais.

Esta actividade consistirá en realizar máscaras típicas de diferentes partes do mundo.

Propoñeráselles buscar as imaxes e reproducilas plásticamente.

Organizaranse o traballo e as responsabilidades que implica a búsqueda e a elaboración das máscaras

Poderán facer réplicas de máscaras ou crear as súas proias a partires das que visualicen. Poderán facer etiquetas para cada máscara respecto do lugar de procedencia, do uso que se fai delas, ou inventándolle un nome e uso se son de creación propia. O uso posterior destas máscaras pode ser en diferentes festas (principalmente no antroido), exposición nun lugar da aula ou centro, recuncho do xogo simbólico para disfrazarse.

Ordenador ou PDI  con acceso a internet para buscar información. Cartolinas coas máscaras impresas, cores  (rotuladores ou ceras, o que prefiran, pero recomendamos ceras Manley ou outras ceras brandas, punzóns con alfombrillas para debaixo, gomas elásticas e unha mesa con 4 cadeiras.

Monicreques vestidos de festa

OBXECTIVOS

TAREFA

RECURSOS

Favorecer a expresión plástica dos nenos e a utilización de materias como: tesoiras, goma eva, velcro, botóns…

O primeiro pasos consiste en realizar os monicreques que representarán nenos e nenas. Poden facerse a modo de “mariquitas” ou pegándolles velcros para logo poder vestilos.

O segundo paso consistirá en buscar información a través de internet, libros, fotografías, etc. onde aparezcan traxes típicos de Galicia e Senegal.

En terceiro lugar cada neno elixirá un modelo Galego e outro Senegalés, tanto de nena como de neno, que debe debuxar, pintar e recortar.

Unha vez que todos rematen a tarefa, terán confeccionado un xogo onde poderán vestir aos monicreques de galegos, senegaleses ou sene-galegos.

Internet, o conto “Un mundo de cores, gome-eva, velcro, cartolina, témperas, lápices de cores, tesoiras, pegamento, etc.

Xoias, contiñas e colares

OBXECTOVOS

TAREFA

RECURSOS

-Disfrutar creando áos deseños das xoias.

-Desenvolverse con novos materiais.

-Experimentar as novas emocións e gusto polo estético.

-Comprender a través de fotografías.

-Adquirir autonomía á hora de elaborar cada un a súa xoia.

-Confíar en sí mesmos, en que poden conseguilo.

-Integrar a solicitude de axuda como algo normal cando é preciso coas tesoiras ou con elementos moi pequenos.

Na clase presentaremos varias fotos de xoias de Senegal e de Galicia. Ademáis todos os materiais necesarios, como avalorios, cordas ou arames, para elaborar xoias estarán enriba das mesiñas. Os nenos collerán o que necesiten e prestarémoslles axuda cando o precisen, por exemplo coas tesoiras ou co pegamento. Unha vez elaboradas as xoias, expoñeranse, por exemplo, nunha feira a final de curso.

– arames

-gomas elásticas

-avalorios

-cores

-pincéis

-tesoiras

– pegamento.

Os viraventos senegalegos

OBXECTIVOS

TAREFA

RECURSOS

-Explorar activamente e apreciar o seu entorno social e multicultural.

-Iniciarse en habilidades espaciais, xeográficas e artísticas.

Dámoslle aos nenos/as as plantillas cos viraventos para que os elaboren. Primeiro deben recortar polas liñas de puntos e despois enganchar as puntas, e á súa vez, enganchar un pau. Cando xa está o viraventos dobrado e suxeito entre si pegamos en cada solapa imaxes que nos recorden a Galicia e senegal (fotos dos nenos da aula, de diara, bandeiras, traxes típicos, comidas, monumentos. Haberá viraventos galegos, senegaleses e senegalegos.

Unha vez realizados poden expoñerse pola aula en pequena macetas recheas de espuma, e sometelos ao vento para que xiren.

Papel ou cartolina, chinchetas, pegamento, paus, cores, fotografías ou debuxos, tesoiras, macetas, espuma de recheo, ventilador, martelo.